Granxa Escola Pedro Murias
Granxa Escola Pedro Murias | |
---|---|
![]() Acceso ó edificio principal. | |
Tipo | granxa escola |
Nomeado en referencia a | Pedro Murias |
En | Vilaframil |
País | Galicia |
43°32′33″N 7°04′59″O / 43.5424248, -7.0830621 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Granxa Escola Pedro Murias foi un centro dedicado á experimentación e a difusión de técnicas agropecuarias de ensino agrícola situada na parroquia de Vilaframil (Ribadeo), nun terreo de 14 hectáreas. Foi construído a comezos do século XX por Pedro Murias, indiano de Ribadeo establecido en Cuba, quen destinou boa parte dos seus bens á constitución da Fundación Agrícola Pedro Murias[1], que deu lugar á construción dunha granxa escola agrícola[2].
Historia[editar | editar a fonte]
![Busto de Pedro Murias, monumento á entrada da granxa escola. A lenda di: "La Junta de Patronos de esta escuela reunida en la Habana en honra a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez"](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/Pedro_Murias%2C_monumento_na_granxa_escola.jpg/220px-Pedro_Murias%2C_monumento_na_granxa_escola.jpg)
O obxectivo da Granxa Escola era a formación dos agricultores e o progreso da súa terra natal. Inicialmente estivo xestionada por unha fundación, que quedou constituída o 13 de xullo de 1913. O primeiro director da fundación foi Enrique Suárez Couto[2][3]. En 1919 constituíuse a primeira Comisión Delegada do padroado na parroquia da Devesa. No 1922 comeza a funcionar unha escola primaria no seu interior, da man de Gregorio Sanz[3], que tamén quedaría como director á morte do anterior, ese mesmo ano.[1]
A fundación de patrocinio foi dotada con varios edificios na Habana, así como con accións da Nueva Fábrica de Hielo y Cerveza de Puentes Grandes, máis a cantidade de dez mil pesos de ouro para a adquisición de terreos, edificios e mobiliario. Entre o persoal docente estivo Gregorio Sanz. A raíz da revolución cubana de 1959 a fundación tivo dificultades, e a granxa pechou en 1961.
![Placa de mármore descoberta na reinauguración da Granxa Pedro Murias en Ribadeo](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Placa_de_m%C3%A1rmore_reinauguraci%C3%B3n_Granxa_Pedro_Murias.jpg/220px-Placa_de_m%C3%A1rmore_reinauguraci%C3%B3n_Granxa_Pedro_Murias.jpg)
O 24 de xuño de 1987 a Xunta de Galicia fíxose cargo do centro co Decreto 170/87, que declaraba de interese galego a Fundación Escuela Agrícola Pedro Murias, e a Consellería de Agricultura pasou a ser protectora da mesma. En 1991 a Xunta recuperou a granxa escola como centro de capacitación agrícola, e actualmente funciona como o Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Costa, Antón (outubro 1992). "Na escola do franquismo non había a ilusión que debía haber". Nova Escola Galega (14): 66–68.
- ↑ 2,0 2,1 Martín Fernández (23/10/2016). "La granja Pedro Murias sentó las bases del agro comarcal y del grupo lácteo gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 28/10/2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Gregorio Sanz 1". Consultado o 2019-08-25.