Saltar ao contido

Dentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sección transversal dun dente:
A coroa; B raíz
1 esmalte, 2 dentina, 3 polpa dentaria, 4 enxiva, 5 tecido conectivo, 6 óso, 7 vaso sanguíneo, 8 nervio.

A dentina, termo derivado do latín dens, dentis, "dente", tamén coñecida como marfil (non debe confundirse co marfil que compón as defensas dos elefantes) é un tecido dos dentes situado entre o esmalte dentario e a polpa.

É o segundo tecido máis duro do corpo humano (e doutros mamíferos con dentes), despois do esmalte. É de cor amarelada, e o seu alto grao de elasticidade protexe ao esmalte supraxacente contra as fracturas.

Está estreitamente vinculado á polpa dentaria, cuxas células especializadas, os odontoblastos, o elaboran deixando na súa estrutura os seus prolongamentos citoplasmáticas ou prolongamentos odontoblásticos. Ademais dos compoñentes citoplasmáticos, a dentina está constituída por unha matriz coláxena calcificada, composta principalmente por coláxeno tipo I e proteínas dsp (do 5% ao 8%) e dpp (50 %), e está atravesada por estgreito condutos ou túbulos dentarios desde o límite pulpar até o esmalte na coroa e o cemento na raíz.

A dentinoxénese é o proceso de formación de dentina polo órgano dentario.

A dentina é radioopaca pola súa relativamente alta impregnación de sales minerais. A elasticidade que presenta depende da estrutura orgánica e o contido en auga. Componse dun 65 % de materia inorgánica (hidroxiapatita de calcio), dun 25 % de materia orgánica e dun 10 % de plasma acuoso. A materia orgánica é na súa maioría coláxeno I, acompañado de proteoglicanos e glicoproteínas.

A dentina prodúcena os odontoblastos, que se sitúan entre a dentina e a polpa dentaria, e que conservan a súa relación coa dentina durante toda a vida do dente, puidiendo autorrepararse. A dentina presenta uns canalículos dentarios, que conteñen os prolongamentos citoplasmáticos dos procesos odontoblásticos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]